HORIZONTE AGRO 2026, Innovación no territorio

​​A Fundación Centro Tecnolóxico da Carne e Esteo Innova teñen o pracer de convidarte á xornada técnica presencial e online.

«HORIZONTE AGRO 2026, Innovación no territorio»

Este encontro ten como obxectivo presentar os resultados de cinco grupos operativos centrados no desenvolvemento de novos produtos elaborados a partir de materias primas galegas.

Os grupos operativos participantes serán:

• GOTRISA EUROPA
• SUEROVAL
• BUEYLOÑESA
• GUIPROGAL
• ECOPROVEG

A xornada incluirá unha exposición dos resultados dos proxectos de I+D+i e rematará cunha cata – degustación dunha selección dos produtos desenvolvidos.

Será unha excelente oportunidade para descubrir como a innovación aplicada contribúe ao desenvolvemento de novos produtos, á diferenciación do sector e á posta en valor dos recursos do territorio.

📅 Data: 28 de maio de 2026
📍 Lugar: Centro Tecnolóxico da Carne
⏰ Hora: 10:00 h
💻 Formato: Presencial e online
👉 Para asistir, é necesario realizar a inscrición a través da seguinte ligazón:
Xornada Horizonte Agro Innovación no Territorio

Agardamos contar coa túa participación para compartir coñecemento, retos e solucións innovadoras para a industria alimentaria galega.

Abrir chat
Hola 👋
¿En qué podemos ayudarte?